domingo, 7 de marzo de 2021

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días rapazas e rapaces!!Xa levamos uns días deste mes de marzo e xa toca gozar de novo do noso mago preferido, o mago Teto. Desta vez tennos preparado algo especial, pois vai relacionar a maxia, as letras e tamén os números? Como o fará? Imos descubrilo...

mércores, 17 de febreiro de 2021

DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

Achégase o 24 de febreiro, o día de Rosalia, e para que poidades aprender un pouco máis da nosa escritora máis importante de sempre, déixovos aquí esta xenial actividade. Un "escape room" para pasalo en grande e indagar un pouquiño na vida da nosa xenial Rosalia. Espero que o disfrutedes!!

sábado, 6 de febreiro de 2021

O ENTROIDO EN GALICIA

Achégase o Entroido. Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia  



venres, 5 de febreiro de 2021

QUE PRECIOSO AGALLASO

Hoxe no colexio algúns dos nenos e nenas que xa participaron no Proxecto dos booktubers recibiron unha gran sorpresa, pois o coordinador do EDLG do colexio entregoulles un agasallo moi especial... Unhas libretas superchulas!!! Mirade mirade...
Estou seguro que a disfrutarán moito e que nela poderán ir preparando os seus seguintes BOOKTUBERS!! Recordade que todos podedes participar e preparar as vosas recomendacións. Se queredes, podedes ver todos os booktubers feitos ata agora no blogue "Booktubers do CEIP Alborada", ó cal podedes acceder premendo no link que atoparedes na columna da dereita deste mesmo blogue. Ata pronto!!

luns, 1 de febreiro de 2021

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días rapazas e rapaces!!Pois xa rematámos o primeiro mes do ano e seguro que xa tedes ganas de desfrutar dun novo video do mago Teto. Que nos terá preparado desta vez? Imos descubrilo agora mesmo...

martes, 12 de xaneiro de 2021

ALUMNOS REFERENTES NO USO DA LINGUA GALEGA

Boas rapazas e rapaces. Hoxe gustaríame anunciarvos unha actividade superchula que imos comezar no cole neste segundo trimestre. Trátase dos "Alumnos referentes no uso da lingua galega". Que será iso? preguntarédesvos... Pois ben, isto consistirá en que aqueles alumnos e alumnas que queiran convertirse en referentes no uso da nosa lingua, firmarán un pequeno contrato comprometéndose a, durante un período de unha semana, falar SEMPRE en GALEGO, cos seus compañeiros, mestres, etc. e en todos os rincóns do colexio, exceptuando nas materias que se imparten noutras linguas, como lingua castelá, matemáticas ou inglés convertíndose así nun referente na defensa e no uso da nosa lingua para todos os membros da comunidade educativa. Atréveste a intentalo?

xoves, 7 de xaneiro de 2021

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días nenos e nenas!!Xa de volta das vacacións do Nadal, espero que coas pilas cargadas. Pois como o prometido é deuda, hoxe ides poder disfrutar do segundo video de maxia co mago Teto. Tedes gañas non si? Pois aquí volo deixo para que o disfrutedes nas vosas casas coas vosas familias...

luns, 21 de decembro de 2020

MÚSICA PARA O NADAL

Boas tardes a todas e todos!!!
Antes de que acabe o trimestre e nos vaiamos de vacacións quero deixarvos aquí unha ligazón para que este Nadal poidades escoitar en familia moita música en GALEGO.... 
BO NADAL!! Vémonos a volta coas pilas totalmente cargadas...



luns, 14 de decembro de 2020

A GRANXA

 Boas tardes nenos e nenas!!

Gustaríavos aprender un pouquiño de vocabulario en galego sobre os animais das granxas? Pois déixovos un recurso superdivertido gracias ao CPR Plurilingüe Esclavas da Coruña, co cal ides poder facelo. A ver se sodes quen de encher a granxa de animais e veredes cantas sorpresas...


martes, 1 de decembro de 2020

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días nenos e nenas!!Temos unha sorpresa para vós. Todos os meses imos poder disfrutar en familia da maxia, da man do Mago Teto. Comeza decembro e aqui tedes o primeiro dos videos onde ademais de disfrutar da maxia, aprenderemos un pouquiño máis dos nosos escritores e escritoras máis coñecidos e das súas obras máis famosas. 
Estades preparados???...
O vindeiro mes teredes outro...

mércores, 25 de novembro de 2020

I concurso de voces terroríficas

 Xa temos connosco todos os traballos realizados polos nenos e nenas do colexio... Estades preparados para escoitar estas terroríficas historias que nos van a contar??

Temos un pouco de todo, adiviñas, lendas contos... pero con todas elas imos pasar un pouquechiño de medo jijijiiji...

Disfrutádeas!!!

Comezamos cuns contos de medo...

- Antía Pellico Fernández (5ºB Infantil)

- Sofia Atrio Vega (3ºB)

- Iria Santos Fernández (3ºC)

- Sabela Herva Gómez (5ºA)

- Mateo Iglesias Balsa (5ºB)

- Rui Rodríguez González

Agora podedes disfrutar destas lendas aterradoras que nos traen estes nenos e nenas de 6ºB...

- Iker González Pérez

- Leire Castro Chenlo

- Mario Canos Romero

Xa para rematar a ver se sodes capaces de descifrar estas adiviñas do Samaín que nos propoñen os nenos e nenas de 2ºA...

- Aitana, Shaila e Xiana

- Vitor, Alexa e Alessia

- Jose Manuel, Antón e Ailín

- Ezequiel, Ainara e Antía Suárez

- Enzo, Vera e Daniela

- Antía Lado, Fiz e Mina

Gustaron????

Noraboa a todos e todas os que participáchedes neste I concurso de voces terroríficas!!! 

Para o ano que ven esperamos as vosas arrepiantes historias de medo!!!