mércores, 17 de febreiro de 2021

DESCUBRINDO A ROSALÍA DE CASTRO

Achégase o 24 de febreiro, o día de Rosalia, e para que poidades aprender un pouco máis da nosa escritora máis importante de sempre, déixovos aquí esta xenial actividade. Un "escape room" para pasalo en grande e indagar un pouquiño na vida da nosa xenial Rosalia. Espero que o disfrutedes!!

sábado, 6 de febreiro de 2021

O ENTROIDO EN GALICIA

Achégase o Entroido. Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia  



venres, 5 de febreiro de 2021

QUE PRECIOSO AGALLASO

Hoxe no colexio algúns dos nenos e nenas que xa participaron no Proxecto dos booktubers recibiron unha gran sorpresa, pois o coordinador do EDLG do colexio entregoulles un agasallo moi especial... Unhas libretas superchulas!!! Mirade mirade...
Estou seguro que a disfrutarán moito e que nela poderán ir preparando os seus seguintes BOOKTUBERS!! Recordade que todos podedes participar e preparar as vosas recomendacións. Se queredes, podedes ver todos os booktubers feitos ata agora no blogue "Booktubers do CEIP Alborada", ó cal podedes acceder premendo no link que atoparedes na columna da dereita deste mesmo blogue. Ata pronto!!

luns, 1 de febreiro de 2021

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días rapazas e rapaces!!Pois xa rematámos o primeiro mes do ano e seguro que xa tedes ganas de desfrutar dun novo video do mago Teto. Que nos terá preparado desta vez? Imos descubrilo agora mesmo...