martes, 12 de xaneiro de 2021

ALUMNOS REFERENTES NO USO DA LINGUA GALEGA

Boas rapazas e rapaces. Hoxe gustaríame anunciarvos unha actividade superchula que imos comezar no cole neste segundo trimestre. Trátase dos "Alumnos referentes no uso da lingua galega". Que será iso? preguntarédesvos... Pois ben, isto consistirá en que aqueles alumnos e alumnas que queiran convertirse en referentes no uso da nosa lingua, firmarán un pequeno contrato comprometéndose a, durante un período de unha semana, falar SEMPRE en GALEGO, cos seus compañeiros, mestres, etc. e en todos os rincóns do colexio, exceptuando nas materias que se imparten noutras linguas, como lingua castelá, matemáticas ou inglés convertíndose así nun referente na defensa e no uso da nosa lingua para todos os membros da comunidade educativa. Atréveste a intentalo?

xoves, 7 de xaneiro de 2021

A MAXIA DAS NOSAS LETRAS. O MAGO TETO

Bos días nenos e nenas!!Xa de volta das vacacións do Nadal, espero que coas pilas cargadas. Pois como o prometido é deuda, hoxe ides poder disfrutar do segundo video de maxia co mago Teto. Tedes gañas non si? Pois aquí volo deixo para que o disfrutedes nas vosas casas coas vosas familias...