venres, 27 de marzo de 2020

KALANDRAKA TV!

Déixovos por aquí o enlace a kalandraka tv, onde tedes diferentes vídeos con contos.

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

Seguide atentos a vindeiras publicacións!

Apertas!
Xabarín e Nós tamén creamos!

Seguimos amenizando a corentena para os máis cativos da casa (e para os maiores que queiran tamén). 

A continuación tedes un par de enlaces para a app do Xabarín da TVG e para ver diferentes curtas do Programa Nós tamén creamos, feitos por alumnado de distintos coles.

Moito ánimo e a desfrutalo!

http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg

http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019


Benvidos ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

Estreamos novo blog do cole neste complicado momento que estamos a vivir, e só esperamos facervos máis amena a estancia na casa, ao mesmo tempo que poñemos en valor o noso idioma e a nosa cultura. 

Para comezar, compartiremos unha páxina moi relacionada co noso proxecto de centro sobre o cine. Como sabedes, comezamos este curso 2019/2020 con este proxecto, e por desgraza quedaron moitas actividades no tinteiro... Mentres non as podemos levar a cabo podedes botar un ollo ao blog de Olloboi, onde nos falan de todo aquilo que rodea ao cinema (guión, música, montaxe...).

Agardamos que o desfrutedes!

https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/