venres, 27 de marzo de 2020

Benvidos ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega!

Estreamos novo blog do cole neste complicado momento que estamos a vivir, e só esperamos facervos máis amena a estancia na casa, ao mesmo tempo que poñemos en valor o noso idioma e a nosa cultura. 

Para comezar, compartiremos unha páxina moi relacionada co noso proxecto de centro sobre o cine. Como sabedes, comezamos este curso 2019/2020 con este proxecto, e por desgraza quedaron moitas actividades no tinteiro... Mentres non as podemos levar a cabo podedes botar un ollo ao blog de Olloboi, onde nos falan de todo aquilo que rodea ao cinema (guión, música, montaxe...).

Agardamos que o desfrutedes!

https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/

Ningún comentario:

Publicar un comentario