Día do Libro!!
Hoxe é un día do libro un tanto estrano, pero non por iso menos especial.
Despois de máis de un mes na casa, seguro que moitos e moitas apreciamos (aínda máis) ter contos e libros que nos acompañen.
Compártovos tamén un enlace a unhas descargas de contos gratuítas.
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/
xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
Abraham Cupeiro
Boa tarde!!
Hoxe quero compartir con vós un vídeo do xenial Abraham Cupeiro, amante e impulsor de todo tipo de instrumentos musicais, de tódalas épocas e rincóns do mundo imaxinables.
Neste vídeo mándanos un saúdo moi especial e ensínanos como con un obxecto moi sinxelo se pode conseguir un instrumento moi popular na tradición galega... Non dou máis pistas, se queredes descubrilo dádelle ao PLAY!

xoves, 2 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Seguimos coas celebracións neste 2 de abril, co día do libro infantil e xuvenil.
Déixovos un enlace dunha páxina de préstamos.
https://www.galiciale.gal/
"Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". Gunter Grass.

DÍA DAS ARTES GALEGAS
Bo día!
Hoxe, 2 de abril, celébrase o día das artes galegas. Este ano adícaselle ao arquitecto galego Domingo de Andrade, coñecido pola súa obra mestra: a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, tamén coñecida como a Berenguela.
Aquí tedes algunhas curiosidades sobre ela:
- Atópase entre a praza das Praterías e a praza da Quintana.
- Orixinalmente foi unha torre defensiva, cunha altitude de 72 metros.
- A parte superior, feita por Domingo de Andrade, é de estilo barroco, adornada con motivos vexetais e da Ruta Xacobea.
- Na parte máis alta da torre atópase unha lanterna que se acendía para guiar aos peregrinos.
- O Reloxo só conta cunha agulla, a dos minutos, xa que as horas son tocadas pola campá.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)