DÍA DAS ARTES GALEGAS
Bo día!
Hoxe, 2 de abril, celébrase o día das artes galegas. Este ano adícaselle ao arquitecto galego Domingo de Andrade, coñecido pola súa obra mestra: a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, tamén coñecida como a Berenguela.
Aquí tedes algunhas curiosidades sobre ela:
- Atópase entre a praza das Praterías e a praza da Quintana.
- Orixinalmente foi unha torre defensiva, cunha altitude de 72 metros.
- A parte superior, feita por Domingo de Andrade, é de estilo barroco, adornada con motivos vexetais e da Ruta Xacobea.
- Na parte máis alta da torre atópase unha lanterna que se acendía para guiar aos peregrinos.
- O Reloxo só conta cunha agulla, a dos minutos, xa que as horas son tocadas pola campá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario