venres, 23 de outubro de 2020

Contos e cantos ao carón  da lareira

Estimadas familias.

O equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do colexio está a organizar unha actividade que xa foi levada a cabo en cursos anteriores. Trátase de “Contos e cantos ao carón da lareira”, e ten como obxectivo potenciar o uso da nosa lingua a través da tradición oral, tan presente na cultura galega.

Esta actividade sempre tivo gran aceptación entre as familias, pois como xa sabedes require da vosa colaboración para desenvolverse. Nos anos anteriores precisábamos que avós, avoas, país, nais, etc… pasasen polo colexio a contar un narración en galego (conto, lenda…) ou a cantar cantigas galegas, ao alumnado de Educacion Infantil, e dos cursos de 1º e 2º de primaria.

Este ano debido a situación excepcional que estamos a vivir, non vai ser posible que vos acerquedes ao colexio a compartir esas historias cos máis pequenos/as, polo que imos reinventarnos.

Todos aqueles que queirades participar e colaborar nesta actividade de fomento da lingua galega tedes que facer o seguinte:

1-    Gravádevos en video contando un conto, unha historia, unha lenda, cantando unha canción, tocando un istrumento ou bailando…o que vós queirades e vos apeteza para poderllo reproducir aos nenos e nenas no colexio.

2-  Poñédevos en contacto co voso titor ou titora a través da plataforma ABALAR para que vos digan como podedes facerlles  chegar os vosos videos.

Os nenos e nenas están desexando disfrutar das súas familias cos seus compañeiros e compañeiras.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

mércores, 21 de outubro de 2020

I concurso de voces terroríficas

 Achégase o Samaín e no CEIP Alborada queremos celebralo, polo que este ano imos propoñervos un concurso moi chulo, que digo chulo TERRORÍIIIIFICO!!!

Pincha aqui para coñecer máis detalliños...

Animádevos a participar!!!!