Contos e cantos ao carón da lareira
Estimadas
familias.
O
equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do colexio está a organizar unha
actividade que xa foi levada a cabo en cursos anteriores. Trátase de “Contos e cantos ao carón da lareira”,
e ten como obxectivo potenciar o uso da nosa lingua a través da tradición oral,
tan presente na cultura galega.
Esta
actividade sempre tivo gran aceptación entre as familias, pois como xa sabedes
require da vosa colaboración para desenvolverse. Nos anos anteriores
precisábamos que avós, avoas, país, nais, etc… pasasen polo colexio a contar un
narración en galego (conto, lenda…) ou a cantar cantigas galegas, ao alumnado
de Educacion Infantil, e dos cursos de 1º e 2º de primaria.
Este
ano debido a situación excepcional que estamos a vivir, non vai ser posible que
vos acerquedes ao colexio a compartir esas historias cos máis pequenos/as, polo
que imos reinventarnos.
Todos
aqueles que queirades participar e colaborar nesta actividade de fomento da
lingua galega tedes que facer o seguinte:
1-
Gravádevos
en video contando un conto, unha historia, unha lenda, cantando unha
canción, tocando un istrumento ou bailando…o que vós queirades e vos apeteza
para poderllo reproducir aos nenos e nenas no colexio.
2- Poñédevos en contacto co voso titor ou titora a través da plataforma ABALAR para que vos digan como podedes facerlles chegar os vosos videos.
Os
nenos e nenas están desexando disfrutar das súas familias cos seus compañeiros
e compañeiras.
Agradecemos de antemán a vosa
colaboración.
O
Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario